Caballero defende os seus resultados á fronte do PSdeG e Formoso recolle eloxios
Á espera de facelo oficial, o paso á fronte de Valentín Formoso segue colleitando eloxios. Hoxe a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, cualificaba a súa decisión de valente e, coma os rexedores da Coruña e Santiago, tamén o ve como un candidato solvente e destacaba a súa traxectoria.
"É unha persoa cunha traxectoria recoñecida, solvencia constatable, que ven do mundo municipal, e iso tamén é un aval para Valentín", Lara Méndez, alcaldesa de Lugo.
Valentín Formoso, nunha entrevista a un medio de comunicación, di que se presenta porque non quere que o PSdeG sexa a terceria forza política en Galicia, situación da que responsabiliza o actual secretario xeral. Gonzalo Caballero respóndelle que o partido está máis forte.
"Sei que algúns queren formular que o PSdeG ten unha determinada posición, pero eu o teño claro o PSdeG está máis forte que hai catro anos", Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.
E remíteo a que revise os resultados electorais. "No conxunto dos resultados electorais e da nosa representación no Congreso, no Senado, no Parlamento galego, nas administracións locais e en Europa é a segunda forza política de Galicia", engade Caballero.
Será mañá cando os candidatos presenten oficialmente as súas candidaturas.