Caballero cualifica de "purga" o expediente contra un xinecólogo do hospital de Verín contrario ao peche do paridoiro
Publicado o 26/11/2020 15:23
Gonzalo Caballero achegouse a Verín para asinar un manifesto en defensa do médico que o ano pasado se implicou na defensa do mantemento do paridoiro do Hospital de Verín.
Sobre este médico pesa unha denuncia doutro especialista que considerou non correcto o trato recibido por el, diante dunha familia. O secretario xeral dos socialistas galegos entende que o expediente é unha purga.