Caballero critica que Feijóo se preocupe máis de ser "líder opositor" que "presidente da Xunta"
EFE/Lavandeira JR
EP
O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou que o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, se preocupase máis na súa intervención no Debate sobre o Estado de ser "líder opositor" que presidente da Xunta. "Vostede está máis preocupado por ser un líder opositor que por ser presidente, por iso pon a Galicia ao servizo dos intereses do PP", sostivo o tamén secretario xeral do PSdeG, que acusou a Feijóo de trasladar unha visión de Galicia como unha "arcadia feliz" na que se esquece de "tantos galegos".
Nun discurso que iniciou dando o pésame aos membros do Goberno galego e do Grupo Popular polo falecemento do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, Caballero considerou que Feijóo aproveitou o debate para marcar unha "estratéxica análoga" á do líder do PP, Pablo Casado, e á da ultradereita na "escalada da tensión política" para tratar de sacar un Goberno de España "lexitimamente" constituído. Con todo, puxo en valor algúns anuncios feitos polo máximo mandatario autonómico, como a gratuidade das escolas infantís desde o primeiro fillo o próximo curso, e emprazou aos grupos a, unha vez se supere "o peor da pandemia", iniciar o debate para reformar o Estatuto de Autonomía.