CRTVG

Buscar

Caballero critica a xestión do Goberno galego no comezo de curso

Publicado o 15/09/2020 16:17

Hoxe en Cedeira o secretario xeral dos socialistas galegos criticou a actuación do Goberno autonómico no comezo de curso. Gonzalo Caballero insistiu na necesidade de baixar a ratio de alumnos por aula.

"O que é necesario é ter un nivel de contratación de profesorado extraordinario. Chegaron 93 millóns de euros de fondos do Goberno de España a Galicia e poderían contratarse dous mil docentes máis como se fixo en Castela-A Mancha", afirmou Caballero.

Noticias web

15/09/2020