Caballero cre que a Xunta actuou "tarde, mal e a rastro" cos encoros

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou este luns que a Xunta actuou "tarde, mal e a rastro" respecto ao baleirado dos encoros e esixiu ao presidente galego Alberto Núñez Feijóo que pida desculpas.
Nunha conferencia de prensa, o dirixente socialista sinalou que hai "unha serie de probas" que "evidencian" que a Xunta tiña coñecemento dos labores para o baleirado, polo que "se evidenciou que o presidente non dixo a verdade, que enganou os galegos" cando dixo non coñecer a situación.
Neste sentido, recriminou que a Xunta, a pesar de coñecer a intención das empresas eléctricas, "non tomou ningunha medida" preventiva e agora os seus responsables avanzan cara a unha "rectificación de todo o que non fixeron en semanas", afirmou.
Ademais, o secretario xeral do PSdeG tamén considerou que Feijóo debe "facer responsable" a conselleira de Medio Ambiente Ángeles Vázquez da situación, despois de que estas semanas parecese que "está fóra de xogo".