CRTVG

Buscar

Caballero asegura que o voto útil é ao PSOE

Publicado o 06/10/2019 14:22

Ana Prieto, Olga Alonso, Pilar Cancela e Marina Ortega son as catro mulleres que encabezan a lista do PSOE en Galicia, para os vindeiros comicios do dez de novembro. Gonzalo Caballero, asegurou esta mañá, en Santiago, que traballarán explicándolle á cidadanía que o voto útil para facerlle fronte á dereita e á ultradereita ten que ser ao Partido Socialista.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE dixo que "o Partido Socialista está en condicións de que de aquí a dous mesese haxa un presidente socialista no Goberno de España e que de aquí a un ano haxa un goberno socialista na Xunta. Quen quere votar fronte á dereita ten que dar un voto útil á forza política que poder frear á dereita e á ultradereita. Outras forzas políticas poden ter determinados espazos mediáticos, pero non teñen implantación territorial".

 

Noticias web

06/10/2019