CRTVG

Buscar

Cabaliños de mar nas Cíes

Publicado o 15/02/2016 08:32

No parque natural das illas atlánticas existe unha das especies menos frecuentes do cabaliño de mar

As imaxes pertencen ao Consello Superior de Investigacións Mariñas de Vigo. Forman parte dun proxecto de investigación que ten como principal obxectivo identificar e caracterizar as poboacións e hábitats destes cabaliños e a do peixe pipa.

As imaxes tomáronse este 4 de febreiro a seis metros de profundidade na praia de Rodas, nas Cíes. Alí membros do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo gravaban este cabaliño de mar común, o coñecido como Hippocampus Hippocampus.

É o terceiro exemplar destas caracterísricas que aparece en Galicia. Os outros dous atopáronse na illa de Toralla e na praia de Loureiro, en Bueu. As imaxes serven para dar o pistoletazo de saída ao proxecto Hippopaques que lidera Miguel Planas e no que participan 14 investigadores de tres insitucións científicas diferentes. 

Porque esta investigación farase de forma simultánea tamén no arquipélago de Cabrera, nas Baleares. A información que se recolla durante estes anos será determinante para preservar a supervivencia dos fondos mariños e desta familia de peixes considerados de protección especial. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/02/2016