CRTVG

Buscar

C's ficha o popular Ángel Garrido, ex-presidente da Comunidade de Madrid

Publicado o 24/04/2019 19:19
C's ficha o popular Ángel Garrido, ex-presidente da Comunidade de Madrid

Ciudadanos ficha o ex-presidente da comunidade de Madrid. Ángel Garrido era o número catro da lista do Partido Popular ás eleccións europeas, pero, nun golpe de efecto, hai uns minutos comparecía na sede de Ciudadanos co seu cabeza de lista á Asemblea de Madrid, Ignacio Aguado.

Garrido di que foi unha decisión difícil, pero que o fai convencido de que Ciudadanos é o que mellor representa o centro. Irá de número trece na candidatura.

Noticias web

24/04/2019