CRTVG

Buscar

Ciudadanos e a UAB discrepan sobre o doutorando de Albert Rivera

Publicado o 14/09/2018 21:04

Ciudadanos e a Universidade Autónoma de Barcelona discrepan sobre os títulos de Albert Rivera. O líder do partido cambiou onte xoves a súa ficha persoal no Congreso para incluír o máster que leva asociado á licenciatura de Dereito da Universidade Ramón Llull. Pero non puxo, como si aparece na web de Ciudadanos, que é doutorando en Dereito Constitucional na Universidade. O centro, a través dun comunicado, explicou que cursou o doutorando dous anos pero que non fixo a tese nin está matriculado. Ciudadanos respondeu que Rivera é doutorando aínda que non fixo a tese porque comezou a dedicarse á política.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018