CRTVG

Buscar

Búscase taberneiro que saiba facer comida galega e mexicana

Publicado o 05/12/2018 21:48

Na Xesta, no concello da Lama, buscan taberneiro para o bar da asociación de veciños. Ata as doce desta noite toda a xente que queira pode facer chegar a súa proposta. Polo de agora, xa hai cinco candidatos. Os veciños votarán quen é o mellor, pero ollo: un requisito indispensable é que saiba facer comida galega e mexicana.

O único bar da Xesta, na Lama, pechou hai uns días e agora buscan alguén que se queira facer cargo. En asemblea decidiron non cobrar o alugueiro para que haxa máis candidatos. Polo de agora, hai cinco candidatos e o sábado exporán as súas propostas.

Para facilitar as cousas, non cobrarán polo alugueiro. O candidato ten que reunir un requisito importante: que saiba preparar comida galega e mexicana.

Nesta parroquia faise moita vida na taberna, as mulleres reúnense polas tardes, os homes xogan a partida e ao ano organízanse comidas con moitos comensais, sobre todo no verán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2018