Búscase desosador de xamón
Publicado o 05/02/2020 20:41
No sector da alimentación un dos perfís máis buscados é o de desosador de xamón. Tamara traballa nunha xamonería coruñesa onde hai tres anos aprendeu o oficio. Ela ten claro por que é difícil atopar profesionais.
Con 33 anos de profesión Manuel coincide coa súa empregada en que para desOsar fai falta máis maña que forza. Hai que saber colocar a peza e o coitelo, coñecer ben a técnica de cada corte para aproveitar ao máximo a carne do xamón e todo no menor tempo posible.
Un oficio moi especializado que ao igual que o dos operarios expertos en manipulación de alimentos está entre os perfís máis buscados polas empresas do sector.