CRTVG

Buscar

Rescatan o corpo dun home que afogou na praia de Queiruga

Publicado o 10/10/2019 21:51

• Foi arrastrado polo mar cando se bañaba nunha zona rochosa en Porto do Son | O Pesca 1 localizou o corpo sen vida ás 19.33, dúas horas despois da activación do dispositivo de busca

O helicóptero Pesca 1 de Salvamento Marítimo recuperou da auga o corpo sen vida dun home que foi arrastrado polo mar cando se bañaba na praia de Queiruga, en Porto do Son (A Coruña).

Segundo informa Salvamento, ás 17,20 horas deste xoves recibiuse un aviso de que un home de entre 30 e 40 anos desaparecera mentres se bañaba nunha zona rochosa do areal de Queiruga. Salvamento mobilizou a lancha Salvamar Regulus e o helicóptero Pesca 1, que se desprazaron ao lugar para peitear a zona. Finalmente, ás 19,33 horas, a aeronave localizou o corpo no mar e procedeu ao seu traslado ata a praia de Queiruga, onde quedou baixo custodia dos efectivos de emerxencias. A vítima residía en Boiro. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí