Buscan unha muller de 68 anos desaparecida o venres na Estrada
Publicado o 01/03/2020 18:30
Na Estrada buscan unha muller de 68 anos que leva desaparecida desde o venres. Carmen García mide 1,57, é de complexión grosa, co pelo cano e no momento da desaparición levaba un xersei azul, pantalón e zapatos negros. Foi a súa irmá quen avisou da desaparición. Desde onte axentes da Garda Civil búscana no centro da Estrada e nas proximidades. Non é a primeira vez que Carmen desaparece da casa.