CRTVG

Buscar

Buscan unha muller de 53 anos desaparecida este xoves na Pobra

Publicado o 05/02/2021 21:50

Na Pobra buscan unha muller desaparecida da súa casa dende onte. María José Cespón Rivas ten 53 anos, mide 1,40, e é moi delgada. Ten o pelo longo de cor castaña e os ollos verdes. No momento da súa desaparición vestía vaqueiros e un chuvasqueiro azul mariño. Os seus achegados piden a calquera que a vexa que contacte coa Garda Civil.

Noticias web

05/02/2021