CRTVG

Buscar

Buscan unha muller de 34 anos desaparecida en Narón o martes

Publicado o 08/10/2020 14:51
Buscan unha muller de 34 anos desaparecida en Narón o martes

En Narón buscan unha muller de 34 anos que falta da súa casa dende o martes. Chámase Zeltia Pazos, é de complexión delgada e mide 1,60 de estatura. Tamén destaca porque leva varias tatuaxes polo corpo.

Tras a denuncia presentada pola familia, activouse o dispositivo de busca, en que participan tanto a Policía Nacional como a Local de Narón. Os investigadores tratan de recadar información entre o ámbito máis próximo para atopar algunha pista que os poña sobre o rastro da moza.

Noticias web

08/10/2020