Atopan sa no medio do monte a moza desaparecida en Oroso
A primeira hora desta mañá foi atopada, desorientada, entre Oroso e Ordes, na zona que rastrexaron desde que se decataron da súa desaparición. Foi trasladada a un centro hospitalario.

A desaparición de Ánxela, unha moza veciña de Deixebre a quen se lle perdera a pista entre Oroso e Ordes, tivo moi preocupados a familiares e amigos. Levaban buscándoa todo o sábado e non deron co seu paradoiro ata esta mañá.
Ánxela, de 1,60 m, no momento da súa desaparición vestía un abrigo verde, pantalón negro e calzado con detalles de cor rosa. O venres sufriu un brote psicótico, tras pasar a noite coa súa familia. Na mañá do sábado intercambiou mensaxes telefónicas con algúns amigos e marchou da casa desorientada.
Algunhas testemuñas aseguraban que a viran nun coche que non era seu e tamén camiñando. Comentoulles que quería chegar a Ourense. Buscárona na zona de Deixebre e a busca foise ampliando a outras zonas.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí