Buscan un veciño de Oia desaparecido hai once días
Publicado o 30/08/2019 14:39
Un veciño de Oia leva once días desaparecido. Foi visto por última vez nunha zona de pedras a carón do mar.
Sos Desaparecidos volveu difundir nas últimas horas a fotografía e a descrición de Antonio González Carabelos por se alguén puidese achegar algunha pista sobre o seu paradoiro.
Os dispositivos de busca organizados na contorna non deron resultado.