CRTVG

Buscar

Buscan un veciño de Melide que puido caer co seu coche ao encoro dos Peares

Publicado o 25/02/2019 14:25

Continúa a busca, por cuarto día consecutivo, do home que se cre que caeu ao río Miño no concello lugués do Saviñao. O desaparecido é un veciño da Coruña de 43 anos, do que polo de agora non se atopou rastro ningún.

Os efectivos do grupo especial de actividades subacuáticas da Garda Civil e do grupo especial de operacións da Policía Nacional buscan o home que se cre que caeu ao encoro dos Peares á altura do Saviñao. Esta é xa a cuarta xornada de busca no tramo do Miño que vai dende Belesar ata a praia da Cova.

O home que buscan é un veciño da Coruña, natural de Melide, que estaba a conducir o seu coche por esta zona. Polo de agora, non se atopou rastro ningún do desaparecido nin do seu vehículo.
Ademais das lanchas dos corpos de seguridade, no dispositivo de busca tamén participa un helicóptero da Axencia Galega de Emerxencias.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019