CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Buscan un veciño de Betanzos de 78 anos que leva tres días desaparecido

Publicado o 07/08/2017 14:06

E en Betanzos, buscan un home de 78 anos que falta do seu domicilio do barrio da Ribeira desde o venres pasado.

O seu fillo deu a voz de alarma ao non regresar a casa. Antonio Pena Edreira vestía pantalón azul escuro e camiseta gris no momento da súa desaparición. Axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Betanzos buscan algunha pista que poida conducir ao paradoiro deste home que precisa medicación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí