Buscan un touro solto pola zona de Brión
Publicado o 25/06/2020 13:49
Preto de Santiago, polos montes de Brión, anda solto un touro. O animal escapou de onda esta cabana de vacún estabulada no lugar de Sabaxáns, no concello de Brión. Ao parecer, non é a primeira vez que sucede.
O recinto, que albergou un aserradoiro e almacén de madeira tempo atrrás, está na estrada que enlaza coa Escravitude e con vivendas ao redor.
Este mediodía un operario revisaba o cerramento na parte posterior da instalación, por onde se vía a pegada do que sería o punto de fuxida do touro.
Efectivos de Urxencias Supramunicipais deron unha batida polo monte esta mañá, pero sen éxito.