CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Buscan un novo xacemento arqueolóxico en Mondoñedo

Publicado o 14/09/2017 14:27
Galicia ten unha chea de patrimonio arqueolóxico coñecido pero tamén moitos tesouros que aínda están por descubrir. Non é fácil dar con eles pero en ocasións a toponimia e a topografía do terreo achegan moitas pistas. Coma en Mondoñedo. Alí, no barrio dos Castros, comezaron as sondaxes para descubrir se hai ou non un xacemento.







É especialmente nos meses de verán cando se realizan escavacións e traballos de limpeza no patrimonio arqueolóxico que está ao aire libre. É o caso de xacementos como o castro de Viladonga, en Castro de Rei, ou os traballos na cova de Eirós, en Triacastela. Cada ano avánzase no descubrimento de novas pezas ou construcións que nos achegan información dos nosos antepasados.
Pero a maiores do patrimonio xa coñecido, Galicia ten tamén moito por descubrir. Nisto é no que traballan en Mondoñedo, neste alto do barrio dos Castros, que achega fermosas vistas da vila. Aquí comezaron de cero a estudar a zona porque a toponimia do lugar e as características do terreo dan indicios dun xacemento.



Agora o concello e a Xunta puxeron en marcha un proxecto de intervención en que traballan dous arqueólogos e cinco auxiliares. Acaban de comezar pero a idea é que durantes dous meses realicen sondaxes nestes terreos cedidos polos veciños para esclarecer se hai un xacemento.



Os traballos arqueolóxicos requiren paciencia e precisión. Hai que analizar cada unha das pezas que aparecen pero quen sabe se nun días sae a relucir aquí un novo tesouro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí