CRTVG

Buscar

Buscan un home que caeu ao mar mentres pescaba na praia do Baleo, en Valdoviño

Publicado o 30/06/2020 21:18
Buscan un home que caeu ao mar mentres pescaba na praia do Baleo, en Valdoviño

Buscan dende a mañá deste martes un home que caeu ao mar no litoral de Valdoviño, mentres practicaba pesca deportiva con cana nas proximidades da praia de Baleo. 

O helicóptero Pesca II, unha lancha de Cruz Vermella de Cedeira e axentes de Policía Local e Garda Civil acudiron ata o lugar, segundo confirmaron fontes do dispositivo. Tamén se desprazou ata alí persoal de Protección Civil de Valdoviño. O home estaba acompañado por outra persoa, que alertou os servizos de urxencias, segundo din as mesmas fontes. Polo momento descoñécense as causas de caída.