Buscan un home que apuñalou nunha perna un menor para roubarlle os cartos en Vigo
Publicado o 23/03/2021 11:56

A Policía Nacional acudiu á primeira hora da mañá ata Camiño Cancelo, en Vigo, pola chamada dunha veciña que alertaba de que un menor acababa de ser asaltado por un home, que se fuxiu.
O neno, de 15 anos, dirixíase á clase, no instituto da Guía, cando pouco antes das 9 da mañá un home encapuchado, segundo describiría o adolescente a fontes policiais, o asaltou cun coitelo para pedirlle diñeiro.
Tras negarse o mozo, o atracador fíxolle un corte na perna. Foi unha muller que pasaba polo lugar quen axudou o menor, que se atopaba moi nervioso. Tras avisar a ambulancia, esta levou o neno ata o PAC de Teis para un revisión da ferida, que non revestía gravidade.