CRTVG

Buscar

Buscan no Miño un home portugués que participaba nunha proba de tríatlon en Tomiño

Publicado o 01/09/2019 21:14

No río Miño, entre Tomiño e a localidade portuguesa de Vilanova de Cerveira, buscan un mozo portugués que participaba nunha competición de tríatlon. 

O mozo, de 23 anos, participaba por primeira vez nesta competición. No treito de natación, de menos dun quilómetro, desapareceu. Algúns triatletas aseguran que non levaba traxe de neopreno e que as condicións da auga eran perigosas, con remuíños e correntes fortes.

O desaparecido non chegou ao control previo á proba de ciclismo e a primeira hora da tarde montouse un operativo de busca. Participan servizos de emerxencias galegos e portugueses. Foron varias horas de busca, polo momento sen éxito. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí