Buscan un home desaparecido en Ourense desde o venres
Publicado o 16/12/2019 14:24
En Ourense, continúa a busca dun home desaparecido dende o venres pasado. Chámase Francisco Javier Carballal e fixo 47 anos o mesmo día da súa desaparición. Ten muller e un fillo de 5 anos, ao que non foi buscar ao colexio.
A última vez que o viron vestía unha chaqueta negra, pantalón azul e calzado negro deportivo. A familia teme que se desorientase e pide colaboración para poder dar co seu paradoiro.