CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Buscan un home de Melide que escapou dunha residencia de Bóveda

Publicado o 06/10/2017 14:09

A Garda Civil busca un veciño de Melide que o domingo pasado escapou da residencia para persoas con discapacidade de Bóveda, en que estaba internado. O home está enfermo e precisa medicación. Esta mañá, a familia colocaba carteis neste concello e nos lindeiros, por se alguén lles pode dar pistas sobre o seu paradoiro.

Dende o domingo Loly e o seus irmáns non saben nada do paradoiro do seu pai. Salvador, de 59 anos, escapou da residencia para persoas con discapacidade en que reside dende hai cinco anos. O home saltou o valado do centro como así quedou rexistrado nas cámaras de seguridade.

Esa é a única pista que teñen. Salvador García, tamén coñecido coma o Paulino, está enfermo e precisa medicación diaria.

A familia cre que se dirixe a Melide, onde viven os fillos, porque xa intentara noutras ocasións escapar con este mesmo obxectivo.

Van pasando os días e aumenta a preocupación da familia que esta mañá colgaba carteis en moitos establecementos da vila e dos concellos lindeiros na busca de pistas.

A Garda Civil organizou un dispositivo de busca. Se algúen ten algunha información sobre o seu paradoiro, a familia pide que se poñan en contacto cos axentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí