Buscan un home de 93 anos desaparecido en Bande
Publicado o 30/11/2020 14:48

A Garda Civil anda á busca dun home de 93 anos que falta dende onte no concello ourensán de Bande. José García Prieto sofre unha deterioración cognitiva que provoca que se desoriente con facilidade.
Está desaparecido dende as 5 e media da tarde do domingo pasado, no lugar de Porto Quintela. Se alguén o ve, póñase en contacto coas autoridades.