CRTVG

Buscar

Buscan un home de 71 anos que desapareceu na Coruña e que precisa medicación

Publicado o 16/04/2018 14:22

Buscan na Coruña un home de 71 anos que falta da súa casa dende o sábado. A súa familia di que saíu dar un paseo e xa non volveron saber del. Piden a colaboración da xente para poder atopalo porque o home precisa medicación e temen que poida estar desorientado.

Este é José Luis Fernández Ibáñez, un veciño da Coruña de 71 anos, de 1,67 de estatura e 67 quilos de peso ao que se lle perdeu a pista o sábado a media mañá, despois de saír dar un paseo. Están moi preocupados porque José Luis é unha persoa dependente.

Non leva con el ningún tipo de documentación.Buscan calquera pista que agora lles permita centrar a busca. 

No momento da súa desaparación José Luis vestía cazadora e pantalón marrón, bufanda de raias, deportivas azuis e unha viseira de cor gris. Aqueles que teñan calquera tipo de información poden chamar ao 112.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018