CRTVG

Buscar

Buscan un home de 70 anos desaparecido en Monterrei

Publicado o 28/06/2020 21:24

Os servizos de urxencia buscan dende primeira hora desta tarde un home de setenta anos, veciño da localidade de Medeiros, no concello de Monterrei.

O home, que ten unha discapacidade intelectual, saíu a pasear por unha zona de monte despois de comer e non volveu á casa. Cando a súa irmá alertou do acontecido púxose en marcha un dispositivo de busca en que participan Protección Civil de Monterrei e Cualedro e drons da axencia galega de emerxencias.

O home sae a camiñar de xeito habitual. Xa desaparecera hai dous anos, daquela atopárono a dez quilómetros do lugar onde fora visto por última vez.

 

Noticias web

28/06/2020