CRTVG

Buscar

Buscan un home de 63 anos desaparecido en Bertamiráns o 2 de agosto

Publicado o 07/09/2021 21:02
Buscan un home de 63 anos desaparecido en Bertamiráns o 2 de agosto

SOS Desaparecidos alertou de que se busca un home de 63 anos que desapareceu en Bertamiráns, pertencente ao municipio coruñés de Ames. Segundo este aviso, o home desapareceu o pasado 2 de agosto. O seu nome é José Antonio Trinquete González. A súa altura é de 1,65 metros, ten pelo canoso, usa lentes graduadas e ten ollos castaños. Aqueles que teñan pistas sobre o seu paradoiro poden escribir ao mail info@desaparecidos.es.

Noticias web

07/09/2021