CRTVG

Buscar

Buscan un home de 55 anos desaparecido en Verín

Publicado o 05/06/2019 18:59

A Garda Civil busca un veciño de Verín que falta da súa casa dende onte. Chámase José López Nieves, ten 55 anos, mide 1,75, ten o pelo cano e é parcialmente calvo. A última vez que o viron vestía un pantalón vaqueiro, un polo de manga curta azul escuro e zapatillas deportivas tamén azuis.

Se algúen o viu ou dispón de información sobre o seu paradoiro, poden poñerse en contacto coa Garda Civil chamando ao teléfono 062.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/06/2019