Buscan un home na Coruña que perseguiu unha muller ata o seu portal
Publicado o 07/06/2021 14:27

Na Coruña, a policía busca no barrio de Monte Alto un home delgado, con gorra e con bicicleta laranxa acusado de exhibicionismo.
Tamén o acusan de, polo menos nun caso, seguir unha muller ata o seu portal e sobala contra a súa vontade. A vítima logrou refuxiarse na casa dunha veciña e o home fuxiu.
De acordo coa información policial, o sospeitoso é buscado por exhibicionismo e provocación sexual, así como por posibles abusos sexuais. É probable que agora teña a cara marcada porque a muller deulle un golpe coas chaves na cara.