CRTVG

Buscar

Buscan un empresario de Sarria desaparecido desde o martes pola mañá

Publicado o 03/07/2019 13:24

En Sarria buscan a un coñecido empresario do sector dos mobles. A última vez que o viron foi nunha gasolinera local, onte a primareira hora da mañá. A familia alertaba a Garda Civil tras localizar o seu coche no aparcadoiro da súa empresa e unha nota sospeitosa no seu interior. Buscan na contorna da súa empresa a pe e en coches. No operativo traballan a Garda Civil, Protección Civil e Policía Local. Tamén colaboraron axentes do Seprona que percorreron a moto algúns sendeiros da zona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019