Buscan un condutor bébedo que estragou varios coches en Vilagarcía
Publicado o 02/05/2019 18:27
Os altercados comezaron á saída deste bar. O protagonista, un mozo borracho. O primeiro incidente tívoo co dono dun can ao que lle recrimiou que lle molestaban os ladridos do animal.
Posteriormente, e segundo o relato da policía, golpeou o portal dunha vivenda veciña e ameazou o dono cunha chave inglesa.
O resto dos incidentes protagonizounos xa como condutor.
"Marchou cara a Pontevedra e á altura da avenida de Rubiáns saíu da vía e bateu contra unha casa. Continuou a fuxida e na rúa O Pazo bateu tamén contra un vehículo aparcado", din dende a Policía Local de Vilagarcía.
A Policía xa lles tomou declaración ás testemuñas e a investigación para identificar o condutor avanza con rapidez porque contan tamén co modelo e a matrícula do coche.