CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Buscan un can que caeu desde o alto dun barranco en Goente

Publicado o 13/10/2015 15:03
Bombeiros voluntarios, montañeiros e veciños participan no rescate dun can que se caeu por un barranco en Goente, no concello de Capela, preto do encoro do Eume. O can, pequeno, caeu a última hora da tarde de antonte cando paseaba coa súa dona pola zona. Oírono ladrar desde o fondo do canón, pero non puideron velo, porque é moi difícil acceder. Tampouco onte o conseguiron os bombeiros da Coruña. Hoxe hai dous escaladores voluntarios na zona, pero xa non oen ladrar o can. Malia todo, seguen intentando atopalo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí