CRTVG

Buscar

Un morto e cinco desaparecidos, balance provisional do temporal en Cataluña

Publicado o 23/10/2019 19:22

• Localizaron o cadáver dun home de 75 anos en Arenys de Munt

• Un camioneiro belga, quinto desaparecido nas chuvias torrenciais

Unha trintena de estradas cortadas e 25.000 persoas sen luz

Os equipos de emerxencia atoparon o corpo do home de 75 anos desaparecio de madrugada en Arenys de Munt, Barcelona. Segundo testemuñas, sobre a unha da mañá intentaba retirar o seu coche aparcado xunto a zona que se estaba asulagando cando o arrastrou a riada. A forza da auga levouno ata o areal, onde deron con él pouco despois das sete.

A tormentan deixa ademais catro desaparecidos na provincia de Tarragona. En Vilaverd, o desbordamento do río Francolí arrastrou pola noite un bungaló con dúas persoas dentro, unha muller de 70 anos e un dos seus fillos. Outras catro persoas que estaban no interior conseguiron saír a tempo. A auga asulagou toda a zona.

"Chegou ata arriba, o bungaló levouno, e nós tivemos que saír correndo", dixo un afectado.

Na localidade de Lespluga de Francolí están buscando dúas persoas que desapareceron cando estaba dentro dun coche. Atoparon un vehículo envorcado no interior do río e traballan para comprobar se hai ocupantes.

A tormenta deixou tamén feridas leves a tres persoas. Dúas delas, una nena de sete anos e a súa nai, a causa dun tornado que atravesou o cámping de Gualba, en Barcelona.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí