Buscan tres individuos que estragaron unha ducia de coches en Ribeira
Publicado o 13/10/2021 14:00
A Policía Local de Ribeira trata de localizar tres persoas que estragaron unha ducia de coches aparcados nunha rúa da vila. Fixérono a base de dar chimpos sobre os capós dos vehículos durante a madrugada. Un comerciante de alí di que nunca pasara algo así nesa rúa, a de Mendiño.