CRTVG

Buscar

Declaran como investigados Julio Araújo, ex-parella de Sonia Iglesias, e seu irmán

Publicado o 21/02/2018 12:42

• A policía vai continuar practicando novos rexistros

A irmá de Sonia asegura que non coñecen máis datos porque a causa é secreta, pero manteñen a esperanza

• Arquivo | Case oito anos da desaparición

 

A casa, preto do cemiterio de Pontevedra, foi acordoada esta mañá. Araújo e o seu irmán prestaron declaración na comisaría da capital do Lérez. O ex-marido de Sonia Iglesias foi o único imputado no seu día e despois desimputado. Agora haberá que esperar para coñecer, de xeito oficial, a súa situación nesta causa. Fontes próximas á investigación aseguran que declaran en calidade de investigados.

A causa está declarada "secreta", polo que hai un absoluto mutismo nos feitos que van acontecendo para non prexudicar as novas liñas de investigación.

Polo de agora, a Policía Nacional prefire manter silencio á espera do que poida acontecer na comisaría.

Julio Araújo é a persoa que estaba no punto de mira desde que desapareceu Sonia Iglesias. A familia, segundo contou súa irmá no 'Bos Días', non teñen dúbidas de que desde o primeiro momento ese home sabe máis do que conta.

Noticias web

21/02/2018