CRTVG

Buscar

Evacuadas sen danos cinco persoas que quedaron illadas tras o desprendemento de terra na Gomera

Publicado o 14/11/2020 18:52
Evacuadas sen danos cinco persoas que quedaron illadas tras o desprendemento de terra na Gomera

Un helicóptero de emerxencias das Canarias evacuou cinco persoas que quedaran illadas tras o desprendemento de terra de grandes dimensións que se produciu na tarde do sábado nunha pista adxacente á praia de Argaga, en Vallehermoso fronte ao peirao de Val do Gran Rei na illa da Gomera. Ningún deles sufriu danos.

 Os equipos de emerxencia seguen a traballar e acoutando a zona afectada polo desprendemento. O lugar é frecuentado por caravanas.

A estrada entre Vueltas e Argaga quedou pechada. Trabállase na retirada dos cascallos para intentar localizar posibles vítimas a causa da caída das grandes pedras. O goberno das Canarias mobilizou dous helicópteros e efectivos da Garda Civíl, Policía Local, Protección Civíl, emerxencias médicas e de grupos de montaña ata Argaga.