CRTVG

Buscar

Buscan os sospeitosos da vaga de roubos na urbanización da Barcia, en Santiago

Publicado o 08/11/2018 21:37

Os veciños da urbanización da Barcia, en Santiago, viven en alerta continua polos roubos que se producen na zona.  Esta mesma tarde, uns ladróns intentaron entrar nunha das casas mentres os ocupantes estaban fóra. A policía acudiu inmediatamente, pero os ladróns fuxiron. Non levaron nada grazas á rápida reacción dos veciños. Agora reclaman máis vixilancia porque, aseguran, escenas coma esta son xa demasiado habituais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018