CRTVG

Buscar

Buscan os ladróns que arrincaron un caixeiro en Vilardevós

Publicado o 28/11/2019 14:35

Vaia sorpresa levaron os veciños de Vilardevós cando onte pola mañá cedo viron na gabia o caixeiro arrincado cun camión da sucursal de Abanca.

Varios veciños escoitaron estrondos pero, porque non sospeitaban que se tratase dun roubo no banco ou por medo, non baixaron.

A Garda Civil chegou axiña, pero os tres delincuentes xa fuxiran. Tampouco hai pistas de momento do vehículo roubado en Pazos co que arrincaron o caixeiro de 800 quilos de peso.

Un roubo rocambolesco frustrado do que de seguro en Vilardevós non han esquecerse.

Noticias web

28/11/2019