Buscan o tripulante dunha lancha que apareceu á deriva
Publicado o 23/04/2020 14:28
Desde primeira hora da mañá, efectivos de salvamento Marítimo, a Garda Cvil, Protección Civil e a Policía Local da Pobra buscan o posible tripulante dunha embarcación que apareceu á deriva cos remos colocados e algo de peixe no interior.
Estas que ven agora mesmo son imaxes en directo da zona de Cabío, nas proximidades dun cámping. Un particular avistou a lancha e alertou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112, que puxo en marcha un amplo operativo.
O propietario da embarcación estaba na súa casa e non lla deixara a ninguén, polo que se baralla a posibilidade de que un furtivo a roubase.