CRTVG

Buscar

Buscan o home que atracou un banco en Sigüeiro esgrimindo unha arma

Publicado o 15/02/2021 19:39

A Garda Civil busca un home armado que este mediodía atracou unha axencia do Banco Santander na vila coruñesa de Sigüeiro. O roubo produciuse sobre as 12.30 e ninguén puido ver nada dende a rúa porque as persianas do establecemento estaban baixadas. Pero varias testemuñas viron como o home saía correndo. 6 patrullas, un helicóptero e varios controis de estradas traballan para tentar localizalo.

Noticias web

15/02/2021