CRTVG

Buscar

Buscan un condutor que fuxiu tras un accidente mortal en Ourense

Publicado o 07/09/2019 20:32

En Ourense, a policía busca o condutor dun vehículo que fuxiu tras verse implicado nun accidente mortal. O sinistro tivo lugar na Nacional 525, ao seu paso pola cidade. Un coche bateu contra unha moto. O motorista, de 37 anos e veciño de Lisboa, quedou ferido de gravidade e faleceu no hospital.

Os ocupantes do turismo fuxiron e abandonaron o vehículo pouco despois na zona de Rabo de Galo. As forzas de seguridade teñen identificado o condutor. Trátase dun veciño de Ourense de 35 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019