CRTVG

Buscar

Buscan no Irixo un home de 42 anos desaparecido

Publicado o 20/03/2017 22:16

O home padece unha minusvalía mental grave e está desaparecido desde as 19.00h deste luns

Un home de 42 anos, veciño de Trabazón, no concello ourensán do Irixo, atópase desaparecido desde este luns.

Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o home padece unha minusvalía mental grave e está desaparecido desde as 19.00h. Axentes do corpo e cans do Servizo Cinolóxico participan nas tarefas de procura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017