CRTVG

Buscar

Buscan no encoro de Belesar un veciño da Coruña que falta da súa casa desde o venres

Publicado o 23/02/2019 19:52

O encoro de Belesar centra a busca dun veciño de A Coruña que falta da súa casa desde onte á tarde. Un dispositivo formado por Garda Civil, membros de Protección Civil, Policía Local de Chantada e persoal de Axega con drons busca a ese home, de 43 anos, do que non se quiseron dar maís datos.

O sinal do seu teléfono móbil situao no contorno de Belesar. Foi a súa muller a que presentou a denuncia. A busca comezou xa onte, e esta mañá reanudouse. Fixeron un percorrido pola estrada que vai por unha das marxes do encoro, sen que se atopase ningún indicio. Tamén utilizaron unha lancha para achegarse á outra beira, co mesmo resultado.

Noticias web

23/02/2019