CRTVG

Buscar

Buscan na Coruña un mozo de 23 anos desaparecido o sábado

Publicado o 07/09/2020 21:11
Buscan na Coruña un mozo de 23 anos desaparecido o sábado

SOS Desaparecidos informa da busca dun mozo de 23 anos que foi visto por última vez o pasado sábado 5 de setembro na Coruña. A asociación pediu este luns colaboración cidadá a través das redes sociais nunha mensaxe que tamén compartiu a Policía Local da Coruña para atopar o home chamado Carlos Eduardo Juárez.

Segundo a publicación, o desaparecido mide 1,74 metros de estatura, é de complexión atlética, ollos achinados, pelo negro e barba. Ademais, durante a xornada deste luns algúns achegados do mozo compartiron o suceso en Twitter solicitando coñecer calquera dato sobre o seu paradoiro.

SOS Desaparecidos pide que calquera persoa con información avise a través do email sosdesaparecidos@sosdesaparecidos.es ou nos teléfonos 642 650 775 e 649 952 957.