CRTVG

Buscar

Buscan este oso atropelado na madrugada do sábado preto de Somiedo

Publicado o 17/08/2020 21:15

En Asturias, axentes de Medio Natural buscan este oso atropelado na madrugada do sábado preto de Somiedo. O animal conseguiu fuxir malferido do lugar. Crese que agora está nunha zona de difícil acceso. Os veterinarios dan por seguro que terá importantes lesións internas, polo que será preciso atopalo canto antes para sedalo e intentar rescatalo e curalo.

 

Noticias web

17/08/2020