CRTVG

Buscar

Buscan en Viveiro un mozo de 34 anos desaparecido desde o sábado

Publicado o 16/12/2019 18:04
Buscan en Viveiro un mozo de 34 anos desaparecido desde o sábado

Axentes do Corpo Nacional de Policía iniciaron unha investigación para tratar de localizar un veciño de Viveiro, Alejandro Metín San Isidero, de 34 anos de idade, do que non se sabe nada desde o pasado venres pola noite, cando acudiu a unha cea nun restaurante da localidade cun grupo de compañeiros de traballo. 

Os investigadores tratan de "seguir os pasos" que puido dar o home desaparecido na noite do venres para o sábado, cando abandonou o local onde se celebrou a festa. A súa familia informou o Corpo Nacional de Policía da súa desaparición, preocupada pola súa ausencia e polo feito de que nos últimos dous días non contestou ao seu teléfono móbil.

No momento da súa desaparición, vestía pantalón vaqueiro e unha camisa azul de cadros, e viaxaba nun Ford Fiesta de cor gris.