CRTVG

Buscar

Buscan un home de 69 anos en Vigo e unha moza de 23 anos en Pontevedra

Publicado o 24/03/2019 13:23

Nas últimas horas saltaron dúas alertas de persoas desaparecidas na provincia de Pontevedra. Esta mañá os familiares de Manuel Sánchez alertaron de que non saben nada del desde hai uns días e que é un home que precisa medicación.

A desaparecida en Pontevedra é unha moza de 23 anos. A súa familia asegura que non sabe nada dela desde as nove da mañá. Nun primeiro momento pensaron que estaba co seu mozo, pero tras comprobar que non era así presentaron denuncia na Garda Civil. Judith Jiménez vestía bata da casa e pixama rosa e ía en zapatillas. A moza, que ten unha discapacidade mental, desapareceu do seu domicilio en Mourente. O último sinal do seu móbil foi desde o Monte Porreiro. A familia pensa que é imposible que fora ata alí camiñando. Dáse a circunstancia de que Judith xa desaparecera en outubro de 2016.

 

Noticias web

24/03/2019